Select Page

Presentación

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGAVe) está integrada por sete federacións veciñais:
Na provincia da Coruña:
Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana e Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol «Roí Xordo».
Na provincia de Lugo, a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo «Lucus Augusti».
Na provincia de Ourense, a Federación de Asociacións Veciñais de Ourense «Limiar».
Na provincia de Pontevedra: a Federación de Asociacións Veciñais «Castelao» de Pontevedra, Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo e Federación Veciñal «O Facho» de Cangas do Morrazo.
O obxectivo fundamental da CoGAVe é a defensa dos intereses das veciñas e dos veciños, e en especial os dos máis desfavorecidos (muller, infancia, familia, xuventude e minorías étnicas) no ámbito desta Confederación.
Son fins da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” a promoción e creación de servicios sociais necesarios para a comunidade, a promoción cultural da mesma, a defensa dos intereses xerais das veciñas e veciños, e do desenvolvemento de valores de convivencia, a creación das vocalías de muller, infancia familia e menores, xuventude, minorías étnicas e medio ambiente, tendentes á aparición de lazos sociais e solidariedade humana e á conservación do noso entorno.

A quen vai dirixida

Esta Páxina web pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía galega, en especial para o movemento veciñal. Ademais da consulta e descarga de documentación de interese, pódese acceder á páxina web de moitas Administracións e Entidades relacionadas, directamente dende os enlaces que incluimos, por considerar que son os máis interesantes para o noso campo de actuación.
Pretendemos que esta páxina web se vaia ampliando, segundo os intereses e necesidades que se presenten, polo que agradecemos que nos enviedes as vosas suxerencias como usuarios, utilizando o formulario de contacto, do que tamén vos podedes valer para enviarnos calquera cuestión relacionada cos intereses veciñais galegos.

Prórroga contratos de aluguer

Información de interese sobre alugueiros: prórroga extraordinaria dos contratos ata 2027 A Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (COGAVE) informa á cidadanía dunha novidade relevante en materia de vivenda, trasladada pola Confederación...

CEAV rechaza o abuso no precio dos carburantes tras a baixada o IVE polas consecuencias da guerra de Irán.

CEAV rechaza el abuso en los precios de los carburantes tras la bajada del IVA por las consecuencias de la guerra de Irán La Confederación Estatal de Asociaciones Vecinales (CEAV) denuncia el abuso que se está produciendo en los precios de los carburantes tras la...

MANIFESTO COGAVE 8 M

8 DE MARZO – A VOZ DO MOVEMENTO VECIÑAL GALEGO Neste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (COGAVE) quere expresar publicamente o seu compromiso firme e continuado coa igualdade...

CEAV 8 M

Mediante a Secretaría de Igualdade da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (C.E.A.V.), a través da Rede Estatal de Mulleres Veciñais, achégase o manifesto e o cartel relacionados co Día Internacional da Muller para a súa difusión entre as súas...
GalegoEspañol